A.V. de Teis, esixe a Abel Caballero que impida que Guixar sexa unha base loxística de contenedores

As mobilizacións van continuar
Publicado por o día 19/10/2017 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A.V. de Teis, esixe a Abel Caballero que impida que Guixar sexa unha base loxística de contenedores

A Asociación Veciñal de Teis, tomou a decisión de convocar a manifestación do pasado martes, nunha asemblea veciñal, pois a pesar das denuncias e concentracións as empresas continúan funcionando, no caso concreto da empresa de almacenamento, incumprindo un cese de actividade cautelar.

Este é un problema que padece a veciñanza desde hai anos, sen que o Concello, fixera nada para solucionalo. O que lle molesta Abel Caballero e que a veciñanza se mobilice, para reivindicar solucións, diante da ineficacia do seu goberno – resposta en alusión despois da declaración do alcalde de denominar a A.V. de Teis como “sectaria” en referencia as súas políticas.

A Asociación Veciñal de Teis, quer lembrar a Abel Caballero, que o problema de Guixar, non só se limita a unha instalación. Hai dous almacéns de contedores, o de parking de camións e almacenamento de contedores e as antigas instalacións da Campsa, ambos carecen de licenza municipal.

A isto hai que engadir o paso de camións con destino a estas instalacións, ao porto de Vigo e a empacadora, que pasan pola zona de Guixar. Incluíndo os camións da recollida do lixo.

A Asociación Veciñal de Teis, calcula que diariamente (luns a venres) pasan máis de 300 camións polas rúas de Julian Estevez e a avenida de Guixar.

Isto é unha situación insoportábel debido as graves molestias provocadas a veciñanza (ruídos, po, problemas de tráfico,etc.,).Cando estes camións, teñen outros acesos ao porto e as instalacións de contedores carecen de licenza municipal.

Imos agardar nos vindeiros días, que acontece coa resolución de urbanismo, pois ate o de agora a empresa transporte “ Crespo e Cousedo”, incumpriu calquera requirimento do Concello de Vigo.

“Non imos permitir que a zona de Guixar, sexa unha base loxística e polo tanto esiximos Abel Caballero, que impida a almacenaxe de contedores nas diferentes instalacións e o paso de máis de 300 camións pola zona diariamente”.O Concello é quen ten acapacidade para impedilo – afirman dende a Asociación.

Por último, sinalar que as mobilizacións van continuar, pois aínda non houbo ningunha solución real o problemas denunciados, polo que o martes 24 de outubro ás 19:00 horas desde a avenida de Guixar, haberá unha nova manifestación.