A A.V. de Teis instalara unha mesa de recollida de asinaturas hoxe sábado.

A Asociación Veciñal de Teis, dentro da campaña para denunciar o abandono dos terreos da ETEA.
Publicado por o día 11/06/2016 na sección de A.V. Teis,Protestas,Social

A A.V. de Teis instalara unha mesa de recollida de asinaturas hoxe sábado.

A Asociación Veciñal de Teis, dentro da campaña para denunciar o abandono dos terreos da ETEA, instalara unha mesa de recollida de sinaturas, hoxe sábado 11 de xuño desde ás 11:00 horas até a 13:00 horas, diante do Mercado de Teis.

O pasado sábado na asemblea celebrada na ETEA, acordamos iniciar unha campaña de recollida de sinaturas na parroquia, para denunciar o abandono da ETEA e demandar das administracións, Concello de Vigo e Xunta de Galiza, unha maior implicación na ETEA, especialmente no mantemento dos espazos públicos (parque e paseo marítimo).

O parque público construído pola Xunta de Galiza en 2013, presenta unha falta de mantemento das zonas verdes, do parque infantil. A presenza do lixo é moi visíbel neste parque, pois non se recolle.  A falta de entendemento entre a Xunta e o Concello, provoca  que ninguén asuma este parque publico que se deteriora día a día.

A situación non é mellor no paseo marítimo da ETEA, obra realizado polo Concello de Vigo en 2011,  que tamén carece de mantemento, a vexetación esta presente no paseo e no seu entorno e só procedese a cortar a vexetación como moito unha vez ao ano. Chama moito a atención que ao longo do paseo marítimo non haxa nin unha soa papeleira.

A veciñanza tamén queixase da falta duns aseos públicos ou dunha cafetaría, que son tan necesarios sobre todo no período de verán onde acuda moita veciñanza de Teis e de Vigo, a gozar do litoral da ETEA   

Tamén seguimos agardando polo apertura na súa totalidade das instalacións deportivas da ETEA, apertura da piscina, acondicionar as pistas de squads no baixo do pavillón ou dotación de material do ximnasio.

Una respuesta para "A A.V. de Teis instalara unha mesa de recollida de asinaturas hoxe sábado."

  1. Gamela   11/06/2016 at 11:29

    Poñemos a disposición da Asociación Veciñal de Teis o grupo VigoDenuncia para que suban cantas fotografías mostren o abandono da ETEA por parte desa Administración que seica levan toda a vida de Campaña en Campaña Electoral… (pero que traballe Dios!)