Unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, mantivo está mañá unha xuntanza con Ignacio López Chaves, Delegado da Xunta de Galiza en Vigo, para tratar sobre a situación de abandono dos terreos da ETEA.
Según a asociación veciñal din que non é a primeira vez que tratan con Ignacio López Chaves, Delegado da Xunta de Galiza en Vigo, a situación dos terreos da ETEA.
Nesta xuntanza esixiron unha vez máis a necesidade de garantir o mantemento do parque público (parque infantil, espazos verdes) construído pola Xunta en 2013, que non se pode limitar só a recollida das papeleiras.
A necesidade de cortar a vexetación nos terreos da Xunta, a abundancia de vexetación nalgunhas zonas impide ate o aceso aos edificios.
Na xuntanza mantida no dia de hoxe aproveitaron para solicitar a colocación duns aseos públicos nos terreos, a posta en funcionamento dunha cafetaría nun dos edificios sen uso do parque público.
Aproveitaron tamén manifestar a preocupación pola paralización do proxecto da Cidade do Mar, nos terreos da ETEA, debido a actitude de Abel Caballero. Consideran unha oportunidade única para darlle contido e desenvolver a ETEA.