A.V. de Teis, oponse a destinar a residencia de oficiais da ETEA para vivendas

Esta asociación sempre se opuxo a destinar os terreos da ETEA
Publicado por o día 01/06/2016 na sección de A.V. Teis,Vigo

A.V. de Teis, oponse a destinar a residencia de oficiais da ETEA para vivendas

A Asociación Veciñal de Teis, fai públicamente a súa oposición a que se destine a residencia de oficiais da vella Escola de Transmisións e Electrónica da Armada para vivendas sociais, como aprobou o pleno municipal celebrado o pasado luns, co apoio únicamente do grupo municipal do PSOE.

Esta asociación sempre se opuxo a destinar os terreos da ETEA, como uso residencial, así se manifestaron cando se aprobou o plan sectorial da ETEA.

Estamos falar duns terreos que durante décadas debido a presenza militar provocou que a veciñanza tivera o acceso prohibido a zona, impediu o desenvolvemento da parroquia de Teis, destruíron parte do litoral. E agora estamos diante dunha oportunidade para integrar estes terreos na parroquia e permitir dotar de servizos (residencia para maiores, gardería…) a Teis e a Vigo.

O Alcalde, Abel Caballero, agora é favorábel as vivendas na ETEA cando no 2010 era contrario, así se o manifestou nunha xuntanza coa xunta directiva desta asociación e en declaracións aos medios de comunicación o 23 de marzo do 2010.

Abel Caballero, fala de construír vivendas na ETEA, cando os terreos que ocupa a residencia de oficiais son da Xunta e existe un plan de usos sectoriais aprobado desde fai anos.

O goberno municipal que preside Abel Caballero, quere vender as 14 vivendas municipais valeiras na rúa Rosalía de Castro, pero quere construír vivendas na ETEA.

Abel Caballero, xa que se preocupa tanto por darlle un uso aos terreos da ETEA, deberá cumprir coas responsabilidades do Concello con estes terreos que son moitas así fai achegar a este medio unha serie reclamacións, acabar dunha vez coa recuperación de toda as instalacións deportivas da ETEA, (piscina, pista squash pavillón, dotación ximnasio pavillón) e Mantemento e limpeza do paseo marítimo e parque público.

Os espazos do paseo marítimo e o parque público, presenta un estado de abandono, non hai mantemento dos espazos verdes, non se limpan. O paseo marítimo non conta cunha soa papeleira, paseo realizado polo Concello en 2011.