Esta mañá unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, presentou publicamente na ETEA, o programa da XI edición da festa veciñal de Teis, que se celebrará este vindeiro domingo 18 de setembro, na praza da ETEA ao longo de toda a xornada.
A festa deste ano ten un significado especial para a nosa asociación, pois tamén celebraremos o 40 aniversario da fundación da asociación (1976-2016). A Asociación de Teis, foi unhas primeiras asociacións que se crearon no Concello de Vigo durante os anos da coñecida como a transición política.
Tampouco é casualidade que eliximos a praza da ETEA, para a celebración da festa por segundo ano consecutivo, pois tamén queremos denunciar unha vez máis o abandono destes terreos por parte da Xunta de Galiza e do Concello de Vigo.
A festa comezará a partir das 11:30 horas da mañá até ás 21:00 horas da noite, cunha amplo programa de actividades
-
12:30 horas. Banda de música de Bembrive
-
14:00 horas. Xantar.
-
17:00 horas. Pandereteiras As Bubelas
-
18:00 horas. Airiños do Mar de Teis
-
19:00 horas. Cantares do Brión
-
20:00 horas. Banda de gaitas Xarabal
Haberá tamén actividades para os máis pequenos con contacontos ás 11:30 horas e ás 18:00 horas. Inchábeis pola mañá de 12:30 horas 14:00 horas e pola tarde de 17:00 horas a 20:00 horas
A veciñanza en participar no xantar debe anotarse antes no local da asociación até o venres 16 de setembro. Información no teléfono: 986 261 289.