A Asociación Veciñal de Teis, dentro da campaña de recollida de sinaturas, para denunciar o abandono dos terreos da ETEA. Na mesa de recollida de instalada na maña de onte fronte ao mercado recolléronse 500 sinaturas. A campaña arrinca con bo pé, así manfistouse o seu secretario Anxo Iglesias.
Na recollida da pasada mañá atopamos o apoio da veciñanza e había moitas opinións de veciños/as que sinalaban que era unha vergoña, como se atopan estes terreos e os espazos públicos, que houbera moitas promesas e anuncios, pero poucos feitos.
O pasado sábado 4 de xuño na asemblea celebrada na ETEA, acordaron iniciar unha campaña de recollida de sinaturas na parroquia, para denunciar o abandono da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA) e demandar das administracións, Concello de Vigo e Xunta de Galiza, unha maior implicación na ETEA, especialmente no mantemento dos espazos públicos (parque e paseo marítimo).
“A falta de mantemento é un escándalo. Pedimos unha maior conservación e que se instalen papeleiras e baños, ademais da recuperación das instalacións deportivas”, explica o secretario da asociación veciñal, Anxo Igrexas, quen se pregunta tamén polo futuro da piscina. Esta mesma semana o PP denunciou que o Concello expón “cargarlla”. Desde Marinetea, o seu presidente, Carlos Pérez, constata que “a ETEA necesita limpeza” e lembra que desde 2009 só rozouse nunha ocasión. O colectivo que encabeza foi o que tivo a iniciativa ademais de mellorar a iluminación do solar e segue encargándose a día de hoxe o seu mantemento. Na actualidade o recinto está en mans da Xunta, salvo os viarios interiores e instalacións deportivas, das que se encarga o Concello.
Nesta recollida de sinaturas esixen catro reivindicacións
· Limpeza e mantemento do parque e do paseo marítimo.
· Colocación de papeleiras no paseo
· Instalación duns aseos públicos
· Apertura de todas as instalacións deportivas
A campaña vai continuar coa recollida de sinaturas a través da instalación de mesas de recollida, no local social ou en comercios da parroquia.