A.V. de Teis, trasládalle o consorcio, o apoio ao proxecto do “CAMPUS DO MAR”

“Os terreos da ETEA, non poden seguir máis tempo abandonados!”
Publicado por o día 15/03/2017 na sección de A.V. Teis,Social,Vigo

A.V. de Teis, trasládalle o consorcio, o apoio ao proxecto do “CAMPUS DO MAR”

Está mañá unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, mantivo unha xuntanza con Teresa Pedrosa, delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo, para tratar sobre o “Campus do mar” nos terreos da ETEA.

Nesta xuntanza, trasladámoslle o Consorcio da Zona Franca de Vigo, o noso apoio a que se realice o proxecto do “Campus do mar” na ETEA. Estes terreos non poden seguir por máis tempo abandonados.

A Asociación sempre apoiou a realización deste proxecto, promovido pola Universidade de Vigo, porque permitirá: a presenza da universidade na ETEA, recuperar dous edificios a conservar agora abandonados (Siemens e Faraday), darlle utilidade a estes terreos  e compatíbel con outros usos.

Para a Asociación Veciñal de Teis, o desenvolvemento do “ Campus do mar “ é unha prioridade e non se pode permitir máis atrasos. É necesario o acordo e o entendemento entre as tres administracións (Concello, Xunta e Consorcio) implicadas no desenvolvemento  da ETEA.

A “Cidade do mar”, esta proxectada desde fai sete anos e impulsada pola Universidade de Vigo,  que estivo realizando un gran traballo para por de acordo as diferentes  administracións.

O pasado 3 de maio de 2016, Abel Caballero, Alcalde de Vigo e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, mantiveron unha xuntanza. Abel Caballero, afirmou que a xuntanza  “serviu para darlle luz verde á nova dimensión e ao estabelecemento da universidade na ETEA”, comprometéndose a que o Concello levará esta proposta ao seguinte pleno do Consorcio da Zona Franca, algo que non aconteceu logo de dez meses. 

Abel Caballero, mantén unha actitude irresponsábel, pondo en perigo este proxecto. Os intereses xerais deben estar por riba, de egos e de intereses partidistas.

Abel Caballero, deberá preocuparse das súas responsabilidades e compromisos na ETEA, como o mantemento do paseo marítimo  ou a apertura da piscina. No caso da piscina logo de investir diñeiro público,  de anunciar a súa posta en funcionamento en varias ocasións agora quer cubrila.

A Asociación levamos anos denunciando o abandono dos terreos da ETEA, por parte de ambas administracións Concello e Xunta e reivindicando unha maior implicación nos mesmos.

Agora hai un proxecto e fondos para investir na ETEA, atopámonos coa paralización do mesmo. Chega xa de utilizar a ETEA, para o enfrontamento entre as administracións. Non podemos  perder o proxecto do “Campus do Mar” na ETEA.

Por último, sinalar que a Asociación, vai solicitar manter nas vindeiras semanas xuntanzas coas diferentes administracións implicadas neste proxecto (Universidade de Vigo, Xunta de Galiza e Concello de Vigo), para trasladarlle a nosa posición sobre o “Campus do mar”.