O “Val Miñor Fest” continúa toda a fin de semana con concertos e actividades infantís

Durante toda a fin de semana ubicarase tamén nesta contorna a feira “A revolta artesanal”.
Publicado por o día 18/08/2017 na sección de Eventos,Galicia,Nigrán

O “Val Miñor Fest” continúa toda a fin de semana con concertos e actividades infantís

O Val Miñor Fest, que se celebra no paseo de A Foz de A Ramallosa e que ten como protagonista á cervexa artesana, continúa durante todo o fin de semana con concertos, food-trucks e gran variedade de actividades paralelas. Así, o sábado destaca a actuación ás 13:30 de Yyaman Pablo (reggae) e de San Rockers ás 21:20 horas e The Porcoteixos ás 23:30; mentras que o domingo será o turno de Pacheco Bross ás 19:00 horas e Los Pontiaks ás 21:00 horas, entregándose a continuación os premios á mellor etiqueta do festival, cervexa e food-truck e sorteándose premios entre os participantes. O público máis cativo poderá participar o sábado ás 13:00 horas no obradoiro infantil “Iniciación á esgrima” e o domingo ás 12:30 no contacontos de Xanotas e Leirotas “O mundo animal” ou incluso no obradoiro de bachata para tódolos públicos ás 13:00 o domingo. O festival desenvólvese en torno á cervexa artesana, coa presencia de 13 marcas de toda Galicia e unha do Bierzo e outra de Madrid.

Ademais, nesta contorna instalarase todo o sábado e domingo a feira “A revolta artesanal” coa participación dunha trintena de artesáns de toda Galicia especialistas en coiro, cerámica, madeira, confección textil…