Valent√≠n Garc√≠a participa na presentaci√≥n da reedici√≥n de ‘Estirpe’, libro-homenaxe a Xos√© Lu√≠s M√©ndez Ferr√≠n

O Concello de Redondela e Edici√≥ns Xerais de Galicia dan ao prelo unha nova edici√≥n do poemario con motivo do 25¬ļ aniversario da s√ļa publicaci√≥n, como tributo a unha das obras m√°is relevantes da literatura galega contempor√°nea e mais ao seu autor
Publicado por o d√≠a 13/06/2019 na sección de Cultura,Galicia,Redondela

Valent√≠n Garc√≠a participa na presentaci√≥n da reedici√≥n de ‘Estirpe’, libro-homenaxe a Xos√© Lu√≠s M√©ndez Ferr√≠n

O secretario xeral de Pol√≠tica Ling√ľ√≠stica, Valent√≠n Garc√≠a, participou este ser√°n na presentaci√≥n da reedici√≥n de¬†Estirpe, poemario de Xos√© Lu√≠s M√©ndez Ferr√≠n, publicado por primeira vez hai 25 anos. A iniciativa do Servizo de Normalizaci√≥n Ling√ľ√≠stica do Concello de Redondela, entidade pertencente √° Rede de Dinamizaci√≥n Ling√ľ√≠stica que promove a Xunta de Galicia, quere ser unha homenaxe a unha das obras m√°is relevantes da literatura contempor√°nea e, a trav√©s dela, ao seu autor.

Valent√≠n Garc√≠a felicitou o Concello de Redondela por un acto ‚Äúque difunde o libro en galego e que lle recorda √° cidadan√≠a o gran valor da literatura feita na nosa lingua propia; unha literatura que conta con figuras da relevancia de M√©ndez Ferr√≠n, quen demostrou sobradamente a s√ļa grande altura literaria tanto no eido da narrativa como no da poes√≠a, tal e como podemos comprobar coa lectura do volume que hoxe temos a fortuna de ver reeditado‚ÄĚ.

Xunto co secretario xeral de Pol√≠tica Ling√ľ√≠stica intervi√Īeron na presentaci√≥n Javier Bas, alcalde de Redondela; Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Fran Alonso, director de Edici√≥ns Xerais de Galicia, e Xos√© Lu√≠s M√©ndez Ferr√≠n, autor da obra.

Durante o acto, Cora Represas e Silvia Penas recitaron textos de¬†Estirpe¬†e a cantante Mar√≠a do Ceo interpretou tam√©n un poema de Ferr√≠n. A presentaci√≥n estivo precedida pola recepci√≥n do escritor na Alcald√≠a e a s√ļa sinatura no libro de ouro do Concello de Redondela. Ao finalizar, os asistentes foron agasallados cun exemplar do poemario.

Méndez Ferrín, autor de Estirpe

Xos√© Lu√≠s M√©ndez Ferr√≠n (Ourense, 1938) -doutor en Filolox√≠a, catedr√°tico de literatura no Instituto Santa Irene de Vigo ata a s√ļa xubilaci√≥n, presidente da Real Academia Galega entre o 2010 e o 2013, colaborador do Faro de Vigo e da Trabe de Ouro- foi membro do grupo literario Brais Pinto e √© un dos autores m√°is relevantes da literatura galega actual, que mesmo chegou a figurar como candidato ao Premio Nobel de Literatura. A s√ļa obra comprende o ensaio, a narrativa e mais a poes√≠a e f√≠xoo merecente de numerosos premios, como os da Cr√≠tica Espa√Īola e de Galicia, o Pedr√≥n de Ouro ou o Otero Pedrayo.

Como poeta, deuse a co√Īecer con¬†Voce na n√©boa¬†(1957), √° cal seguiron¬†Antolox√≠a popular¬†(1972),¬†Sirvent√©s pola destrucci√≥n de Occitania¬†(1975),¬†Con p√≥lvora e magnolias¬†(1977),¬†Poes√≠a enteira de Heriberto Bens¬†(1980),¬†O fin dun canto¬†(1982),¬†Er√≥tica¬†(1992),¬†Estirpe¬†(1994),¬†O outro¬†(2002),¬†Contra Maquieiro¬†(2005) ou¬†Era na selva de Esm¬†(2005). Con¬†Estirpe¬†obtivo o Premio da Cr√≠tica de poes√≠a galega en 1994 e o Premio Losada Di√©guez en 1995.