Valentín García participa no acto de entrega do Premio Otero Pedrayo a Antía Cal e María Xosé Queizán

Publicado por o día 19/12/2018 na sección de Cultura

Valentín García participa no acto de entrega do Premio Otero Pedrayo a Antía Cal e María Xosé Queizán

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe ao mediodía no acto de entrega do Premio Ramón Otero Pedrayo 2018, ex aequo, a Antía Cal e María Xosé Queizán. O galardón concédeno, conxuntamente, a Xunta de Galicia e mais as catro deputacións e a organización desta edición correu a cargo da Deputación da Coruña, que acolleu a cerimonia na súa Biblioteca Provincial.