Valoración da Asamblea Abierta de Coia sobre a sentenza notificada a Xurxo

Publicado por o día 03/03/2015 na sección de Asamblea Aberta Coia,Social

Valoración da Asamblea Abierta de Coia sobre a sentenza notificada a Xurxo

Con data 02/03/2015 foinos notificada a sentenza dictada polo Xulgado do Penal no 2 de Vigo que resolve o procedemento penal aberto a Xurxo, compañeiro da Asemblea Aberta de Coia, pola suposta agresión a un axente da Policía Local de Vigo.

Dende a Asemblea queremos facer pública a nosa decepción e rexeitamento perante unha sentenza que finalmente condena a Xurxo como autor dun delito de resistencia, e outro de lesións, impoñéndolle 6 meses de prisión por cada un deles.

Para fundamentar dita condena, a xulgadora valora, única e exclusivamente, a declaración prestada no acto do xuizo polo axente denunciante e os seus compañeiros, considerando ditas testemuñas proba de cargo suficiente, sen entrar a analizar, ne tan sequera mencionar, as múltiples contradiccións e ambigüedades vertidas polos axentes no plenario, que foron postas de manifesto pola defensa.

A xuiza non fala da falla de concordancia da versión do axente denunciante coas imaxes das grabacións que foron reproducidas na vista, nin das contradiccións presentes no relato da sucesión dos feitos nas declaracións dos axentes.

Tampoco entra a valorar a declaración das catro testemuñas propostas pola defensa, testigos directos dos feitos, que desvirtúan a declaración dos axentes, e que a sentenza nin tan sequera menciona.

A fundamentación da condena se centra como argumento único na presunción de veracidade da declaración dos axentes da autoridade, deducindo de forma xenérica e automática unha credibilidade e verosimilitude que quedou desmantelada por medio da proba gráfica e testemuñal practicada a instancias da defensa.

Desta forma, da por boa a versión do axente denunciante, sen maiores xuizos nen valoracións. Maila iso, rebaixa a petición inicial do Ministerio Fiscal, mudando o delito de atentado (que supón agresión directa ó axente) por un delito de resistencia, argumentado que a suposta conducta de Xurxo foi consecuencia da previa actuación policial, e froito do desaloxo da rotonda, e de escasa gravidade.

Como non podía ser de outra forma, vaise interpoñer recurso de apelación, aportando, perante a Audiencia, a grabación do acto da vista co fin de por de manifesto a indefensión que provoca unha resolución xudicial que non entra a valorar a totalidade da proba practicada, cinguíndose a dar por boa, sen máis a testemuña dos axentes, polo mero feito de ser policías.

A sentenza condena tamén a XURXO a aboar ó policía unha indemnización de 1.135 Euros. Cantidade que, de ter que ser aboada finalmente, sufragaremos entre tódalas compañeiras da Asemblea Aberta de Coia, porque XURXO SOMOS TODAS!! Porque temos a constancia de que Xurxo é inocente. Porque todas somos víctimas da represión institucional autoritaria. Porque todas somos obxecto das mentiras policiais intencionadas e descaradas. Porque, en definitiva, esta condena non é máis que unha das manifestacións máis graves e represivas da persecución pública de todas aquelas que desobedecemos ó sistema e loitamos polos dereitos sociais.

PRENSA ASAMBLEA ABIERTA COIA