Valoración da reunión co Conselleiro de Sanidade da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas

Por o 24/07/2017 | Sección: Cangas,Galicia,Sanidad
Valoración da reunión co Conselleiro de Sanidade da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas

O pasado venres, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, acudiu á reunión convocada pola Consellería de Sanidade, xunto ás asociacións veciñais de Aldán e O Hío, coa esperanza de escoitar do Sr. Conselleiro de Sanidade alguna solución aos problemas sanitarios que padecemos en Cangas. E tamén coa premisa da defensa do valor do diálogo entre partes, para chegar a acordos que poñan fin a estes problemas.

A reunión co Conselleiro de Sanidade, o Sr. Jesús Vázquez Almuíña, tornase no anuncio dunha nova planificación sanitaria para Cangas e que queren escoitar as consideracións dos veciños e veciñas.

Hai que recordarlle á Conselleria de Sanidade, que no seu día, a Ordenación Sanitaria da Área De Vigo contou co apoio e participación dos profesionais da sanidade, dos partidos políticos e dos colectivos sociais, e incluso, durante moitos anos os reponsables do Partido Popular en Cangas como as anteriores Conselleiras de Sanidade (Pilar Farjas e Rocio Mosquera), en numerosas ocasións, manifestaban públicamente que se mantiñan os compromisos contraídos tanto para Cangas como para o Morrazo. Aínda que nunca se chegou a materializar, nin mostraron vontade política de levar a cabo a construción do Centro de Alta Resolución para o Morrazo nin o Centro de Saúde Adán O-Hío.

Aínda que o eixo principal da reunión foi o novo plantexamento da Consellería de Sanidade para o Morrazo, en ningún momento se informa de como vai ser, nin de prazos de execución.

Así e todo, a Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas non aminoran nas revindicacións, e plantexaron na mesa problemas que non poden esperar, tales como; a falta de persoal de urxencias do PAC de Cangas, o reforzo da terceira ambulancia, a reposición do equipo de RX do Pac de Cangas que non para de estropearse e que debería estar funcionando tamén pola tarde, que o Servizo de Fisioterapia non esté pechado pola tarde, solucionar a cobertura da praza de pediatría de maneira urxente e que se teñan en conta os acordos da asemblea de pais e nais.

Aproveitaron a oportunidade de facerlle a entrega do dossier sobre a campaña da recollida de sinaturas e dun informe sobre a petición de que a Unidade de cancro de mama do Meixoeiro sexa a de referencia da Área Sur de Galicia, por contar con profesionais e medios de reconocido prestixio tanto a nivel nacional como internacional.

A recollida das máis de 5000 sinaturas da veciñanza, lograron que a Plataforma esté sentada na mesa co Conselleiro de Sanidade, a que este escoite os problemas sanitarios de Cangas. Por conseguinte, a Plataforma entende que ese é o camiño a emprender, sentarse a falar ata acadar as melloras sanitarias que a veciñanza está a demandar.

Con todo isto, a reunión non deixou de ser fustrante para a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública por non escoitar por parte da Consellería ninguna solución a estes problemas de sobra coñecidos. Aínda así o Conselleiro de Sanidade, comprometeuse a acudir a Cangas para celebrar a seguinte reunión nun prazo curto, e na que esperan desde a plataforma volver a estar convocados.