Valoración de Compromiso por Galicia sobre o pacto de orzamentos 2014 entre o Partido Popular e o Psoe de Vigo

Publicado por o día 02/05/2014 na sección de Compromiso por Galicia,Política

Valoración de Compromiso por Galicia sobre o pacto de orzamentos 2014 entre o Partido Popular e o Psoe de Vigo

Compromiso por Galicia califica de “extraño” o pacto entre o Partido Socialista e o Partido Popular de Vigo para aprobar o orzamento do exercicio 2014.

Valorando como positivo a política de pactos entre distintas organizacións, que xeralmente conducen a un mellor goberno e convivencia, CxG cre que no caso da cidade de Vigo teñen primado outros intereses ocultos á cidadanía.

Henrique Macías, responsable local de Compromiso por Galicia considera esta aprobación de hoxe un “extraño acordo antinatura con puntos escuros”:

– “Antinatura” polas personalidades e históricos comportamentos dos protagonistas asinantes do pacto, antagonistas durante moitos anos que bloqueaban, por puro interese partidista, investimentos na cidade de Vigo, sendo agora compañeiros nun mesmo carro que non se sabe moi ben o seu destino, e acordo no que os seus propios militantes socialistas e populares desconfían e non cren nel.

– CxG considera que este acordo contén puntos escuros no sentido de “pacto de non agresión” nun momento convulso xudicialmente, e de non ser un verdadeiro pacto por Vigo ao non incoporar ningún tipo de compromiso ou defensa das grandes infraestructuras que a cidade precisa e que levan anos nas carpetas de pendentes polos grandes partidos: Estación intermodal, tunel de Beiramar, Biblioteca Central, o Partido Xudicial para Vigo, a defensa do aeroporto de Peinador, o Porto nodal europeo, a defensa da World Fishing Exhibition,… quedando exclusivamente como un acordo de pequenos temas locais.

En relación cos acordos no orzamento aprobado, CxG valora positivamente o aumento dos importes de alugueiro social, o estudo para a adecuación da factura da auga ao consumo real, o fraccionamento das taxas, e as axudas aos emprendedores e os investimentos en parroquias.

Puntos criticables volve ser repetir un cuestionado Plan de Emprego, utilizado para contratar a persoas afíns en distintas asociacións sin ningún tipo de control, e a creación dun Plan de emprego xuvenil que posiblemente acabe co mesmo defecto.

Outras partes do acordo son meros formalismo ou boas intencións como a dotación económica para o futuro Plano de Transporte Metropolitano, o “engano público” de incluir a escondidas o acceso de servizos do novo Hospital como dotacións para Parroquias ou o provocado castigo por parte dos dous grandes partidos do “esquecemento” das axudas ao movemento veciñal ou ao colectivo Sereos.

PRENSA CXG