Valoración de Daniel Liceras dos cambios na consellería de medio ambiente

“Núñez Feijóo non ten outro obxectivo máis que desmontar o territorio e vendelo ás multinacionais, levando á ruína a poboación rural de Galicia”
Publicado por o día 28/09/2018 na sección de Podemos,Política

Valoración de Daniel Liceras dos cambios na consellería de medio ambiente

Para o responsable da Área de Medio Ambiente de Podemos Galicia, Daniel Liceras, “os cambios que Alberto Núñez Feijóo vén de levar a cabo na Consellería de Medio Ambiente dinamitan o pouco que quedaba de rigor medioambiental”. Subliña Liceras que “funde nunha Consellería o medio ambiente, o territorio e a vivenda co único obxectivo de terminar de ‘fundir’ o medio ambiente coas políticas urbanísticas e de ordenación do territorio, sen ter redactado e moito menos aprobado, nin un só plan de ordenación do medio físico, documento básico para establecer unha ordenación do territorio baseada na conservación das “características diferenciais destacando os seus valores naturais e potencialidades como soporte das actividades de carácter agropecuario, forestal, ecolóxico, recreativo, cultural o científico”, como se pode constatar no artigo 27.1 da Lei 10/1995, de 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia”.

En opinión de Daniel Liceras, “os cambios realizados na Consellería evidencian o desdeño cara o medio ambiente de Núñez Feijóo, que non ten outro obxectivo máis que desmontar o territorio e vendelo ás multinacionais e fondos de calquera índole, levando a ruína á poboación rural de Galicia”.

O responsable da Área de Medio Ambiente de Podemos Galicia, sinala que, “ademais, cambia a adscrición do organismo ‘Augas de Galicia’ de medio ambiente a infraestruturas e mobilidade, poñendo cara arriba as cartas coas que estaba a xogar”. Resalta Liceras que “con este cambio queda claro que o ciclo da auga en Galicia da man de Feijóo é un conxunto de tubaxes, sen ecosistemas o seu arredor que coidar e protexer, para que presten os servizos naturais que ata a data prestan”. Así, “Galicia pasará de ser a Comunidade dos mil ríos a ser a Comunidade das mil tubaxes”, engade Liceras

Segundo considera o responsable da Área de Medio Ambiente de Podemos Galicia, “a chegada da exconselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, constitúe unha ferramenta de estrago ambiental de Galicia”. Neste senso, Daniel Liceras apunta que “tras consolidar a privatización do sistema público de defensa contra incendios forestais de Galicia, cun aumento do gasto en 10 anos do 100%, pasando dun custe de 100 millóns € a 200 millóns €, e a nefasta campaña contra incendios do ano pasado con 49.000 hectáreas declaradas por la conselleira, baseado nun sistema de contabilidade de incendios que falsea a superficie queimada informada fronte á real, vén agora a desahuciar o resto dos ecosistemas galegos”.