Vanessa Angustia demanda un Plan Integral de descontaminación de lindano que garanta a saúde da veciñanza do Porriño

Publicado por o día 12/05/2019 na sección de Esquerda Unida,Galicia,O Porriño,Política

Vanessa Angustia demanda un Plan Integral de descontaminación de lindano que garanta a saúde da veciñanza do Porriño

Esta mañá, Vanessa Angustia, candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, estivo con Pedro Ocampo, candidato á alcaldía de EU Son Porriño e outros membros da candidatura “na zona cero contaminada polo lindano para anunciar o abandono dos poderes públicos á veciñanza do Porriño”.

“Nós preguntamos: Hai cartos, hai proxecto… para cando un plan integral de descontaminación de lindano que garanta a saúde das persoas do Porriño?”, di Angustia.


Esquerda Unida ten trasladado a tanto á Xunta como á Comisión Europea (CE) a súa preocupación á hora de tomar medidas respecto ao problema derivado do lindano, xa que existen medios dispoñibles para que as comunidades autónomas planifiquen estratexias de descontaminación polas que non se interesaron. Por todo isto, denunciamos unha vez máis a desidia das administracións, que non teñen feita ningunha actuación efectiva para eliminar os residuos de lindano, e instamos a que se impliquen para paliar este problema ecolóxico e sanitario.

Comentar noticia

Your email address will not be published.