Vanessa Angustia e Olga Santos reivindican o “saneamento inmediato e integral” da Ría do Burgo para o futuro da comarca

Esta mañá, Vanessa Angustia, candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, estivo xunto a Olga Santos, candidata á alcaldía de Cambre, e Loreto Taibo, número dous á candidatura de EU Cambre para reivindicar unha mellora no “saneamento inmediato e integral da Ría do Burgo para o futuro da comarca”.
Publicado por o día 11/05/2019 na sección de Esquerda Unida,Política

Vanessa Angustia e Olga Santos reivindican o “saneamento inmediato e integral” da Ría do Burgo para o futuro da comarca

Esta mañá, Vanessa Angustia, candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, estivo xunto a Olga Santos, candidata á alcaldía de Cambre, e Loreto Taibo, número dous á candidatura de EU Cambre para reivindicar unha mellora no “saneamento inmediato e integral da Ría do Burgo para o futuro da comarca”.

En palabras de Vanessa Angustia, candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, é vital mostrar que “traballaremos de forma moi próxima coas nosas representantes ao concello. Hoxe está comigo Olga Santos, futura alcaldesa de Cambre, de Esquerda Unida, marcando un compromiso para traballar xuntas e romper o que prexudica á Ría do Burgo: a burocratización de espazos e a lonxanía das decisións que se toman en Europa, que non chegan ás veciñas e veciños”.

“Esta situación é unha irresponsabilidade do Goberno do PP ao non deixar negociar os orzamentos do Estado e prexudica directamente é veciñanza de Cambre.Precisamos que se execute xa o proxecto de saneamento integral. Este proxecto é moi importante porque deste depende a saúde e a vida dos catro concellos implicados. As alertas son que en 10 anos non se poda mariscar nesta ría. É por iso que exiximos que os gobernos e poderes públicos, estatais e económicos se impliquen”, sinalou á candidata ao Parlamento Europeo.

Pola súa banda, Olga Santos admite que “estamos moi contentas de que Vanessa Angustia mostre o seu apoio a esta problemática e que apoie a necesidade de saneamento da Ría, xa que a contaminación está a medrar cada día e, en primeiro lugar, está a saúde das veciñas e veciños. Esta urxencia xa leva sendo unha reivindicación destes últimos anos, pero agora é maior, xa que segue aumentando. Santos lembra que “2.000 persoas mariscaban na Ría antes, e agora quedan 80, polo que é importante mudar esta tendencia para limpar e sanear a Ría do Burgo”.

Nesta liña se pronunciou tamén Loreto Taibo, que sinalou que se “as administracións non fixeron o seu traballo é agora cando é o momento de trasladalo a Europa, o que se fará da manda candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, Vanessa Angustia”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.