Durante estes días estase a celebrar a maior cume mundial contra o cambio climático da década, a Conferencia das Partes da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2015, coñecida como COP 21 ou París 2015. Trátase dunha data crucial, xa que debe desembocar nun novo acordo internacional sobre o clima aplicable a todos os países co que manter o quecemento global por baixo dos 2 graos.
Aproveitando as negociacións onde estarán representantes de gobernos de todo o mundo, Amigos da Terra tamén estará presente en París para manter a presión sobre os nosos políticos e que tomen urxentes e apropiadas medidas aliñadas co que se pide desde o sector científico e os principios de xustiza.
Dende Galicia chegan hoxe a París 8 dos nosos activistas procedentes de Vigo, Pontevedra, O Morrazo, Ourense e Coruña, que se unirán a outras 2.000 persoas procedentes doutras partes do Estado e doutro 30 países que forman o continxente de Amigos de la Tierra Internacional (Friends of the Earth International) para tomar parte xunto a varias ducias de activistas dun enorme e variado crisol de movementos sociais para dar voz a xente de todo o mundo.
Como media de coherencia os nosos activistas galegos viaxaron en tren, o medio transporte menos contaminante, ou empregando medios de transporte compartido ou mesmo en bicicleta, como é o caso de Jana e Agnes, dúas das nosas máis entregadas activistas que levan semanas viaxando en bicicleta, xunto a compañeiros/as de outras organizacións na iniciativa “Marcha Soluciones al cambio climático” para chegar ata a zona de conferencias.
Todos eles e elas participarán nas numerosas actividades que hai programadas tales como reunións que se levarán a cabo no “Centquatre” ou Zona de Acción polo Clima un gran espazo de converxencia, debates e mobilización. Aínda que tamén se levarán a cabo outros tipo de actividades como protestas ou talleres durante toda a duración do cumio. Entre todas elas, cabe destacar o día 11, unha gran asemblea de activistas e aliados de Amigos da Terra Internacional sendo o gran colofón o día 12, cunha gran acción cando xa remate a Conferencia das Partes.
PRENSA AMIGOS DA TERRA
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.