A veciñanza de Teis fara un acto para amosar o abandono da ETEA

Sera mañá mércores 17 de agosto ás 11:00 horas na praza de Armas da ETEA
Publicado por o día 16/08/2016 na sección de A.V. Teis,Protestas,Social,Vigo

A veciñanza de Teis fara un acto para amosar o abandono da ETEA

A xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, vai realizar un acto de denuncia sobre o abandono dos terreos da ETEA, mañá mércores 17 de agosto ás 11:00 horas, praza de Armas.

O acto vai consistir na presenza simbólica dunhas ovellas para unha vez máis, denunciar a falta de mantemento dos terreos, tanto por parte do Concello de Vigo como da  Xunta de Galiza. O mal estado deste terreos  serve para que os animais poidan  pastar.

Tamén colocaran letreiros en diferentes lugares da ETEA, para indicar a que administración pública pertencen e o mal estado dos mesmos, unha gran iniciativa sen dubida.

Desde o mes de xuño a asociación veciñal desenvolve unha campaña de denuncia do mal estado dos terreos e a falta de dotacións: non hai papeleiras no paseo marítimo, non hai baños, a falta de mantemento do parque público e a intención do goberno municipal de cubrir a piscina.