Veciños do Camiño Freixeiro demandan o arranxo dun muro

Publicado por o día 09/10/2019 na sección de Galicia,Vigo

Veciños do Camiño Freixeiro demandan o arranxo dun muro

Esta mañá saíron á rúa para esixir solucións a unha situación que soportan dende hai máis de tres meses. O Concello decidiu cortar ao tráfico o camiño Freixeiro polo risco de derrubamento deste muro. Os veciños temen pola súa seguridade e levan moito tempo demandando o seu arranxo

O peche á circulación desta vía está a ocasionarlles moitas incomodidades aos veciños no acceso ás súas vivendas. Ademais aseguran que provoca problemas de tráfico na zona.


Os veciños din que o muro en risco de derruba é propiedade do Concello, pero aseguran que alí ninguén os escoita.

Os veciños non cesarán coas protestas ata que alguén escoite as súas demandas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.