Veciños do campo roxo do Barrio de Coia póñense ao choio

Cansos de pedir que se arranxen as zonas de lecer do barrio póñense ao choio para emendar a deterioración e abandono da zona
Por o 11/08/2017 | Sección: Galicia,Vigo
Veciños do campo roxo do Barrio de Coia póñense ao choio

O campo roxo sitúase entre as rúas Bueu e Vilagarcia, o area dispón dunha pista polideportiva ao descuberto e un parque infantil, os veciños do campo roxo do barrio de Coia cansos de pedir que se arranxen as zonas de lecer do barrio póñense ao choio para emendar a deterioración e abandono da zona.

Limpeza, reparacións e pintados son as tarefas que levan desenvolvendo desde o catro de agosto, reparacións nas maias que ten a pista polideportiva aberta tanto como ao redor da mesma como as das porterías e pintado do pavimento, limpeza integral do parque infantil o cal presentaba unha sucidade considerable, ditas instalacións son usadas pola veciñanza e por persoas da cidade que se achegan ata as instalacións.

Non é un caso illado este na cidade de Vigo senón hai precedentes como este diario recolleu hai unhas semanas do que está a pasar no monumento das vítimas de accidentes de tráfico da rúa Aragón que cabe lembrar e sinalar que dito monumento é o único en toda Galicia que rende honra á memoria das victimas de circulación e o segundo en España.

Este diario púxose en contacto co concello sen recibir ningunha contestación pola súa banda como vai sendo habitual.

Rubens Rocha

Nado en Vigo hai 35 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.