Veciños de Navia reúnen 3.000 firmas solicitando ao Concello habilitar locais sociais, con espazos multiusos e salón de actos para uso da veciñanza

Publicado por o día 15/11/2017 na sección de Asoc. Vecinos Novo Vigo,Galicia,Social,Vigo

Veciños de Navia reúnen 3.000 firmas solicitando ao Concello habilitar locais sociais, con espazos multiusos e salón de actos para uso da veciñanza

Hoxe mércores día 15 de novembro ás 11:00h, no REXISTRO do Concello de Vigo, á Asociación Veciñal Novo Vigo, fixo entrega de 3.000 sinaturas o que supón máis do 50% da poboación adulta do barrio.

No escrito presentado, se solicita habilitar locais sociais, con espazos multiusos e salón de actos para uso da veciñanza, unhas peticións nada deshorbitadas tendo en conta que estamos ante un dos barrios con máis densidade de poboación de Vigo e con máis de 10.000 habitantes, e o máis novo de España, cun 30% de poboación menor de idade.

Descargar (PDF, 108KB)