Vegalsa-Eroski e Coren entregan un coche no hipermercado Eroski de Ponteareas

Noelia Gil Jorge, clienta do hipermercado Eroski da localidade pontevedresa, gaña un Fiat 500 grazas á promoción de nadal da compañía de distribución alimentaria en colaboración con Coren
Publicado por o día 25/01/2019 na sección de Galicia,Ponteareas

Vegalsa-Eroski e Coren entregan un coche no hipermercado Eroski de Ponteareas

A compañía galega de distribución alimentaria VegalsaEroski entregou un Fiat 500 no Hipermercado Eroski de Ponteareas (Pontevedra) a Noelia Gil Jorge, gañadora do sorteo da campaña do Nadal ‘A Cabalgata máis selecta’, realizada en colaboración co Grupo Coren.
No acto de entrega estiveron presentes a directora de RSE, Comunicación e Área de Clientes de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, e Benjamín Vázquez, xefe de Márketing de Coren, e Pedro Torinos, responsable da Unidade de Curados e Elaborados, que entregaron as chaves do seu novo coche á persoa que foi recollelo en nome da gañadora, Noelia Gil Jorge.
A promoción impulsada polo provedor de Vegalsa-Eroski, Coren, permitía aos clientes entrar nun sorteo, celebrado o pasado 09 de xaneiro, despois de enviar unha tarxeta de participación entregada na rede de establecementos de Vegalsa-Eroski ao efectuar a compra de produtos da Gama Selecta de Coren, como un xamón, paleta ou un pack de Nadal da mesma gama.