Vegalsa-Eroski e o concello de Vigo, xuntos de novo na protección do medio ambiente

Ambas as institucións renovaron por sexto ano consecutivo, o convenio de colaboración enmarcado no programa municipal Camiño a Camiño para o desenvolvemento de accións conxuntas de sensibilización e educación ambiental
Publicado por o día 28/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vegalsa-Eroski e o concello de Vigo, xuntos de novo na protección do medio ambiente

A compañía galega de distribución alimentaria VegalsaEroski, de man do seu director xeral, Joaquín González, e o Concello de Vigo, de man do seu alcalde, Abel Caballero, renovaron hoxe por sexto ano consecutivo o convenio de colaboración que se enmarca no programa municipal Camiño a Camiño para o desenvolvemento de accións conxuntas de sensibilización e educación ambiental para a protección da contorna natural.

Rutas ambientais por Vigo e comarca

Vegalsa-Eroski destinará 18.000 euros a esta iniciativa, asumindo a contratación e custo de oito rutas por Vigo e comarca, que se realizarán os días 7,14, 21, 28 de outubro e 4, 11, 18 e 25 de novembro. Este programa de rutas ambientais busca achegar á cidadanía a flora e fauna desta comarca, fomentando ademais hábitos de vida saudables e sustentables. Unha acción na que participan anualmente un elevado número de veciños e que pretende fomentar a sensibilización e concienciación social en relación coa protección do
medioambiente.

A compañía sumarase á difusión da iniciativa Camiño a Camiño a través da súa rede de supermercados en Vigo, colocando material promocional e de apoio do citado programa. E colaborará, ademais, na xestión de residuos e reciclaxe de materiais dos consumidores.

Modelo de empresa sustentable

Son xa seis os anos que levan colaborando xuntos Vegalsa-Eroski e o Concello de Vigo na protección do medioambiente. De feito, durante o ano 2017, tendo presentes os incendios que arrasaron Galicia, Vegalsa-Eroski destinou fondos para as actividades de voluntariado que se puxeron en marcha para paliar as consecuencias dos incendios que arrasaron Vigo, dentro do marco do programa Camiño a Camiño.

Vegalsa-Eroski aposta por un modelo de empresa sustentable na que impera a regra das 3
R: reducir, reutilizar e reciclar. Reduce o consumo enerxético a través das súas tendas sustentables, reutiliza a través da súa política de economía circular, e recicla aproveitando os recursos para reducir ao máximo os residuos ou darlles unha nova vida.

En materia de establecementos sustentables, o seu modelo de tenda ecoeficiente representa a súa aposta como compañía pola innovación e a eficiencia enerxética No últimos seis anos
Vegalsa-Eroski reduciu un 35% o consumo enerxético, responsable coa súa contorna ambiental e axuntada coa súa conciencia ecolóxica. Novos sistemas e equipamentos eficientes de frío, climatización, edificación e iluminación agrupan as actuacións concretas neste capítulo. A súa política de economía circular permítelle pechar o círculo dos ciclos de vida dos produtos incentivando e intensificando a súa reciclaxe e reutilización, achegando á vez beneficios tanto para á contorna natural como á economía. E é no marco desta aposta pola economía circular onde entran en xogo catro dos seus alicerces estrela: o programa ‘Desenvolvo Sustentable. Residuo Cero’, o programa ‘Desperdicio Cero’, a Plataforma Loxística Ambiental e a reciclaxe téxtil para proxectos sociais.

Por último, a reciclaxe permítelle darlle unha segunda vida aos residuos, por iso, a compañía recicla residuos como o papel e o cartón, o plástico, o aceite usado, as pilas, as baterías e chatarras, os palets e o poliexpán, alcanzando os 7.210.049 kg de residuos reciclados en 2017, un 4% máis que no ano anterior. No caso dos alimentos que non son aptos para o consumo, entréganse a empresa especializadas que se encargan de procesalos e obter novos produtos como fariñas, pensos para animais ou graxas. Grazas a esta xestión recicláronse 2.066.822 kg de subproductos.