Vegalsa-Eroski entrega máis de 29.000 quilos de comida ao Banco de Alimentos de Vigo

Os quilos totais inclúen tanto as achegas en produto dos consumidores e as súas doazóns económicas efectuadas directamente en caixa durante a III edición do Zampakilos Solidario nas tendas da provincia de Pontevedra, como a achega adicional que a empresa fai ao total de quilos recolleitos nesta iniciativa
Publicado por o día 14/09/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

Vegalsa-Eroski entrega máis de 29.000 quilos de comida ao Banco de Alimentos de Vigo

No marco da iniciativa o Zampakilos Solidario, Eroski e Familia entregaron un total de 29.507 quilos de produtos alimentarios ao Banco de Alimentos de Vigo para seguir contribuíndo a cubrir as necesidades básicas das familias en risco de pobreza ou exclusión social na provincia de Pontevedra.

Esta doazón é posible grazas tanto ás doazóns de produto que ascenden a 25.507 quilos que fixeron os clientes nos establecementos da provincia como á súa achega económica directamente en caixa de 1.185 euros, aos que Eroski e Familia sumaron un 4% adicional, sendo un total de 4.000 litros de leite máis, os que os bancos poderán ofrecer aos seus usuarios.

Estas doazóns económicas directamente en caixa permiten aos bancos de alimentos facer un pedido máis axustado a cubrir as demandas dos seus usuarios segundo o que necesiten, solicitando os produtos directamente á compañía Vegalsa‐Eroski.

No III Zampakilos Solidario, que se celebrou os pasados 14 e 15 de xuño, participaron 91 establecementos das súas insignias Eroski Center, Autoservizos Familia e Híper Eroski, así como algúns dos seus franquiados Eroski City, en Galicia, Asturias e Castela e León, e recolléronse un total de 73.065 quilos de alimentos que os clientes entregaron aos voluntarios do banco.

Quilos de solidariedade

A través da iniciativa propia Zampakilos Solidario, ou a súa implicación noutras iniciativas como a Gran Recollida de Alimentos ou as operacións quilo, a compañía contribúe a abastecer de  recursos ás entidades sociais coas que colabora periodicamente.

Para iso conta ademais co seu programa “Desperdicio Cero” a través do que doa produtos frescos e de alimentación que se retiran dos lineais para cumprir co seu compromiso de frescura máxima cos clientes, ou porque o seu envase presenta unha pequena deficiencia como pode ser unha simple abolladura ou rotura de embalaxe que impide a súa venda. Trátase sempre de alimentos dentro da data de caducidade ou de consumo preferente e en perfecto estado para o seu consumo.

Para garantir o seu estado óptimo, desde Vegalsa‐Eroski leva a cabo un protocolo de actuación que mira escrupulosamente pola seguridade alimentaria dos produtos doados. No caso dos alimentos frescos garántese o mantemento adecuado da cadea de frío tamén na entidade receptora da doazón, neste caso, a FESBAL.

Comprometida cun modelo de desenvolvemento social responsable, o pasado exercicio a compañía destinou 2.400.000 euros á súa política de RSE, o que supón un incremento do 40% respecto ao ano 2017. A esta achega económica contribuíu tamén a colaboración dos seus clientes, grazas aos cales a empresa doou en 2018, 846.124 euros, un 3,6% máis que o ano anterior.