VEGALSA-EROSKI fomenta a alimentación saudable entre os escolares vigueses cos talleres do proxecto ‘COME RICO, VIVE SAN’

Dirixidos a nenos de primaria, a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski levou a cabo durante o mes de novembro 10 talleres saudables en colaboración co Concello de Vigo
Publicado por o día 26/11/2018 na sección de Galicia,Vigo

VEGALSA-EROSKI fomenta a alimentación saudable entre os escolares vigueses cos talleres do proxecto ‘COME RICO, VIVE SAN’

Esta mañá o director xeral da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, Joaquín González, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, achegáronse ao Mercado O Progreso de Vigo para participar no último dos dez talleres saudables ‘Come Rico, Vive San’ que a empresa levou a cabo, ao longo do mes de novembro en Vigo, en colaboración co Concello olívico.

A través desta iniciativa, que Vegalsa-Eroski desenvolve no marco do proxecto nacional ‘Prevención da Obesidade. Alixeira a túa Vida’, que lidera a Sociedade Española de Obesidade (SEEDO-SEO), busca concienciar aos máis pequenos sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e saudable para previr a obesidade desde a idades temperás.

Visita ao supermercado e elaboración de receitas divertidas

Desde a súa posta en marcha a principios do mes de novembro, foron un total de 420 os escolares de primaria de 7 centros educativos de Vigo (CEIP Lope de Vega, CEIP Frian Teis, CEIP Plurilingue Carrasqueira, CEIP Plurilingue Sobreira Valadares, CEIP Otero Pedraio, CEIP García Barbón e CEIP Plurilingue Ría de Vigo) os que participaron nestes talleres de alimentación saudable.

Os talleres estruturáronse de maneira que os escolares puidesen visitar en primeiro lugar o supermercado Familia, de Vegalsa-Eroski, emprazado no Mercado do Progreso de Vigo no que levaron a cabo. Durante a visita os nenos realizaron un percorrido polo supermercado detallando en cada sección os diferentes produtos que se deben consumir e que nutrientes achega cada un. Concluída a visita, trasladáronse á cociña do Mercado onde puideron aprender a elaborar un prato divertido, sinxelo e nutritivo, ‘ Empanadilla de capitán Carioca’, consistente en empanadillas integrais de pescada e millo doce que achega proteínas e carbohidratos, necesarios nunha dieta equilibrada e saudable.

Loita contra a obesidade infantil

No marco do proxecto ‘Come Rico, Vive San’ e para loitar contra a obesidade infantil, a compañía colaborou xa durante o curso escolar 2017-2018 con 18 colexios de Galicia, implicando a toda a comunidade educativa, e organizando un total de 12 sannifiestas nas que participaron un total de 1.038 escolares.
 
Unha acción pensada para os máis pequenos da casa á que se suma as súas obradoiros de Pan e Queixo cos que a compañía trata de ensinar aos nenos que participan neles a importancia da orixe do que consomen, apoiados por dúas dos seus provedores locais de pan (Ipasa) e queixo (Hoxe), elaborando os produtos coas súas propias mans.
 
E para loitar contra a obesidade infantil, poñendo en valor as especies de peixe menos consumidas e concienciar aos máis pequenos da importancia da etiquetaxe dos alimentos, Vegalsa-Eroski puxo en marcha o pasado 2017 os talleres ‘ Dalle valor ao peixe’, co apoio do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o coñecido chef Pepe Solla. Foron un total de 190, os nenos e nenas que puideron aprender da súa man para distinguir a frescura da pesca, os pescadores locais e a ler a etiquetaxe dos alimentos conxelados.
 
Dentro do proxecto ‘Come Rico, Vive San’ enmárcase tamén o programa Visita o teu Súper de Vegalsa-Eroski. Unha actividade formativa posta en marcha xa no ano 2014, que leva a cabo nos seus supermercados Eroski Center, e na que participaron no último curso escolar un total de 3.727 escolares de primaria de 150 centros educativos. O obxectivo: converter aos máis pequenos en futuros consumidores informados para que poidan facer unha boa elección á hora de comprar alimentos, así como fortalecer comportamentos responsables en materia de consumo.