Ven divertirte ao circo! Este domingo espectáculo familiar con Circo Chosco

Publicado por o día 31/01/2019 na sección de Galicia,Ponteareas

Ven divertirte ao circo! Este domingo espectáculo familiar con Circo Chosco

A concellería de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística que dirixe Hortensia Bautista convida a toda a cidadanía ao espectáculo familiar “Circo Chosco”

Este domingo 3 de febreiro a compañía Circo Chosco presenta no auditorio municipal Reveriano Soutullo o espectáculo “FORZUDOS” a partir das 18:30 horas.

A entrada será de balde ata completar aforo.