Veñen de facer público o rexeitamento absoluto a calqueira novo recheo en Bouzas

Por o 22/03/2019 | Sección: Galicia,Vigo
Veñen de facer público o rexeitamento absoluto a calqueira novo recheo en Bouzas

A Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo Cíes ven facer público o rexeitamento absoluto a calqueira obra que a Autoridade Portuaria proxecte facer que signifique algunha perda de valor ambiental da ría, dos recursos mariños, dos postos de traballo en pesca e marisqueo, do turismo, da calidade de vida… e por suposto das alteracións na configuración natural da mesma.

A proposta de ampliación de 65.000 m2 do porto de Vigo a base de recheos é a mostra fiel de que os estamentos públicos que deberían velar polo equilibrio entre recursos e xeración de riqueza optan por xerar simplemente riqueza a costa dos recursos coma se estes foses infindos.

Desde a Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo Cíes xa manifestou en múltiples ocasións que a organización xamáis se oporá ao progreso sustentable pero que sí se oporá frontalmente a calqueira recheo sobre a lámina de auga da ría de Vigo e o seu ámbito litoral.

A Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo Cíes xa ten aportado solucións para participar dese progreso propoñendo o desenvolvemento total da Plisan para que funcione como un porto seco tal como foi concebido e que se dote dunha liña ferroviaria que conecte co porto de Vigo os polígonos industriais do interior para darlle a axilidade que precisa no tránsito de mercadorías. Esta si é unha actuación prioritaria e de futuro para o porto de Vigo, engaden desde a Plataforma.

Lembran

“Non podemos esquecer a perda dos mellores bancos marisqueiros da ría desaparecidos polo recheo de Bouzas, dos millares de postos de traballo desaparecidos por mor do progreso desatinado de converter o mar nun almacén ou polígono industrial. Segue na nosa memoria o motivo polo que se creou esta plataforma: PETROVIGO. Imaxinemos por un momento que nós non existisemos e que se levase a cabo esta mortífera instalación na ría de Vigo. É por iso que estamos obrigados a denunciar e condear públicamente este tipo de proxectos que arruinan o futuro da humanidade”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.