Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica no Calvario

Publicado por o día 16/07/2014 na sección de GAS,ODS Coia,Parroquia Cristo da Victoria,Social,Vigo

Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica no Calvario

Volvemos ás rúas para seguir coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Esta vez será o barrio do Calvario o lugar escollido para montar unha mesa de recollida de firmas da ILP.

O venres 18 de xullo as xentes da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos diante do Mercado do Calvario (rúa Urzáiz 183) ofrecendo información sobre esta iniciativa e recollendo sinaturas de todas aquelas persoas. A mesa estará dende as 17:00 ata as 20:00.

calvario_ilp_web

PRENSA ODS COIA