Venres 19/09 – Obradoiro: “Axudas Sociais. Información para loitar polos nosos dereitos”

Publicado por o día 18/09/2014 na sección de ODS Coia,Social

Venres 19/09 – Obradoiro: “Axudas Sociais. Información para loitar polos nosos dereitos”

A PAH Vigo Tui-Baixomiño co apoio da xente da ODS-Coia convidan a participar no obradoiro titulado: “Axudas Sociais. Información para loitar polos nosos dereitos”.

Dita actividade será o venres 19 de setembro a partires das 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria(rúa Baiona 9, Coia – Vigo).

Se ficas sen ingresos, ou tes problemas para chegar a fin de mes, infórmate sobre as axudas sociais, tanto autonómicas como municipais: RISGA, Axudas de Emerxencia…  Precisamos coñecer os nosos dereitos para os defender nas dependencias dos servizos sociais.

PRENSA ODS COIA