Venres 20, folga de 24 horas no ferrocarril

Publicado por o día 14/12/2013 na sección de CGT,SF Intersindical,Sindicatos,Vigo

Venres 20, folga de 24 horas no ferrocarril

  Mañá 20 de decembro, está convocada unha nova folga no Sector Ferroviario, nesta ocasión de 24hs. que supón o terceiro paro de toda a xornada tras as feitas o 31 de outubro e o 5 de decembro e que lle deron continuidade os 11 paros parciais de dúas horas por quenda que @s [email protected] veñen facendo dende finais de Outubro contra a segregación de RENFE en catro Sociedades Anonimas (Renfe viaxeiros S.A., Renfe talleres S.A., Renfe mercadurias S.A., Renfe aluger de material rodante S.A.,) e a división de ADIF en dúa entidades públicas empresariais, (Adif convencional e Adif alta velocidade), pola defensa do emprego no ferrocarril e contra a privatización das empresas públicas ferroviarias, O 30 de novembro, mais de tres milleiros de persoas manifestámonos dende Chamartín o Ministerio de Fomento, protestando polo modelo ferroviario que o P.P. tenta impoñer no estado Español, que vai mais aló do que lexislan as Directivas comunitarias en materia ferroviaria e contra o que outros paises, como Francia ou Alemania, decidiron facer que non foi outra cousa que reforzar o seu sector público ferroviario para expandilo, integrando operación e xestión en vez de segregalo cada vez en máis pedazos.

  O día 1 de xaneiro e a data na que o sector ferroviario estará en disposición de ser privatizado según aprobaron no Consello de Ministros e unha vez cumplimenten todos os trámites parlamentarios.

  Os Sindicatos SEMAF, CCOO e UGT e o Presidente de Renfe Operadora asinaron onte no ministerio ca presenza de Ana Pastor o acordo que consideran definitivo para esta empresa e UGT e CCOO teñen tamen un preacordo con Adif e co Ministerio de Fomento. Ambos teran que ratificarse nos órganos de representación unitarios das empresas donde contan con mayoría (SF-Intersindical + CGT mantemos 23% de representación no caso de Renfe Operadora donde pretenden ratificalo hoxe, e un 17% no Comité Xeral de Empresa do ADIF).

 Os sindiatos asinantes falan de un acordo garantista nas condicións laborais para os traballadores e traballadoras do ferrocarril (alo menos para dóus anos) que dende o noso punto de vista non o é tanto e máis tendo en conta a politica de “mentiras” a que nos ten acostumados o PP.

 O día 19 e 20 as circulacións ferroviarias veranse afectadas, non circulando un total de 40 trens en Galiza, que pasamos a resumir:

– No eixo atlántico Vigo-A Coruña-Vigo deixarán de circular 16 trens

– Non circulará ningún tren da conexión ca fronteira portuguesa Vigo-Valença-Vigo

– Non circularán dous trens no corredoiro A Coruña-Ferrol-A Coruña

– Non circularán dous trens no corredoiro A Coruña-Monforte-A Coruña

– Non circularán catro trens no corredoiro Ourense-O Carballino-Ourense

– Non circularán dous AVANTS Ourense-Santiago-Ourense

– Non circularán a conexión nocturna de Vigo/Coruña e Catalunya en ambolos dous sentidos o día 19, nin a de Ferrol-Madrid-Ferrol ese mesmo día.

– Non circulará a conexión Vigo/A Coruña-Euzkadi o día 20 en ambolos dous sentidos.

– Ademais non circulan os trens especiais que nestas datas a operadora ferroviaria poñía en circulación entre Galiza e Madrid

 O Ministerio impón uns servizos mínimos que consideran abusivos xa que por exemplo nos trens que fan o traxecto completo Vigo-A Coruña tan só deixan de circular 3 trens por sentido dos 16 trens que circulan un día normal, polo que os servizos xurídicos de CGT e Sindicato Ferroviario van a emprender accións xudiciais.

 Estimamos que se van ver afectados uns 4000 [email protected] en toda Galiza e non teñen máis que facer que pedirlle disculpas e comprensión a toda a cidadanía polas molestias que se poidan ocasionar tendo en conta as datas en que nos atopamos. A  situación do ferrocarril é finalista e o expolio que pretenden facer con este sector estratéxico obrigan a manter a oposición cas ferramentas que, os traballadores/as teñen a man. Ate o ultimo minuto teñen que confiar en que a situación revirta.

PRENSA S. F. INTERSINDICAL