Acto de rúa en Facenda para comezar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica

Publicado por o día 27/05/2014 na sección de GAS,ODS Coia,Parroquia Cristo da Victoria,Social,Vigo

Acto de rúa en Facenda para comezar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social convocamos un ACTO de RÚA diante de FACENDA (r/Lalín 2-  VIgo) o VENRES 30 de maio de 10h00 a 13h00 no que recolleremos sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola Renda Básica.

Montaremos unha mesa informativa ás portas da delegación de facenda en Vigo e ás 11h30 daremos lectura dun manifesto. Na mesa haberá información sobre a Renda Básica e no acto aproveitaremos para denunciar que mentres medra a pobreza, tamén o fai o número de ricos no Estado Español. 1625 persoas teñen un patrimonio superior aos 23 millóns de euros no estado, o que supón un 7% máis que no ano 2012.

Contra a exclusión, redistribución! Renda Básica das Iguais, XA!

PRENSA ODS COIA