Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica no Alcampo de Coia

Publicado por o día 06/11/2014 na sección de Social,Vigo

Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica no Alcampo de Coia

– Tras unha pequena pausa, a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” volven ás rúas para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.

– O venres 7 de novembro de 10:00 a 13:00 montarán unha mesa de recollida de de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1).

  Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal. A Renda Básica establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas. Constitúese como un dereito individual, universal e incondicional. A contía da Renda Básica será a equivalente ao limiar da pobreza, é dicir, de 645,33 €. Agardamos polas vosas sinaturas!

Actualización: “Crónica da recollida de firmas da ILP pola Renda Básica en Coia

PRENSA ODS COIA