A concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista convida á veciñanza a participar nunha nova presentación dos Venres D-letras na que o gañador do premio Xerais 2016, Manuel Esteban falará sobre o seu segundo libro “O meu nome é Ninguén”. Manuel Esteban recibíu o premio Xerais pola súa primeira novela “A ira dos mansos”.
Este venres 19 ás 20:30 horas no salón de plenos do concello coñeceremos a historia de Carlos Manso, un inspector de policía desencantado tras vinte anos de oficio, un antiheroe en pleno declive persoal que fai do fracaso a súa marca de identidade.
O meu nome é Ninguén
Mentres leva a cabo a investigación dunha rede de pederastia, descobre que, no atropelado intento de vencer contra vento e marea, hai xente que comete o erro de confundir a bondade coa estupidez. Unha mal entendida liberdade que proclama o dereito a posuílo todo. A devoralo todo. A destruílo todo. Mesmo os nosos semellantes.
O meu nome é Ninguén é unha novela policial, pero tamén un tratado sobre a perda da identidade, un manual de filosofía para perdedores onde ninguén é o que parece: un inspector de policía que se fai pasar polo seu irmán, un hacker agochado tras un pseudónimo, unha muller que ten que cambiar de nome ou un rapaz con síndrome de Down que pode ser calquera, indis- tinguible entre a multitude. Un ninguén.
Manuel Esteban Domínguez (Vigo, 1971)
Médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e profe- sor da rama sanitaria de Formación Profesional. Traballa no Cen- tro Integrado de Formación Profesional Manuel Antonio. É pai de dous nenos, o maior dos cales ten síndrome de Down e foi durante oito anos vicepresidente de Downvigo.
Coa súa primeira novela, A ira dos mansos, tamén protagoni- zada polo inspector Manso, acadou o Premio Xerais en 2016.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.