Con motivo da celebración das festas de Bouzas, a naviera Mar de Ons poñerá en marcha un servizo especial, este domingo 21 de xullo, para seguir desde a ría, cunha perspectiva privilexiada, o tradicional espectáculo pirotécnico programado para as 23:00 horas.
O servizo contará con saídas desde os portos de Cangas e Vigo e haberá dúas opcións diferentes ao dispor dos usuarios, con cátering ou sen el, esta última opción inclúe en todo caso unha consumición a bordo. En ambas as opcións, os usuarios poderán gozar de animación musical no barco.
Debido ao interese suscitado, a naviera tivo que habilitar unha terceira embarcación para os Lumes de Bouzas. A opción con cátering completouse e púxose en marcha outra embarcación tamén con este servizo incluído para atender á forte demanda.
Os prezos son, para o servizo con cátering, de 22 euros para adultos e 12 euros para nenos de 3 a 12 anos e para o servizo sen cátering, de 12 euros para adultos e 6 euros para nenos. A xestión das reservas pódese realizar a través da páxina web da naviera Mar de Ons (www.mardeons.com) ou chamando ao 986 22 52 72.
Noticias de última hora en Vigo