A ver se entendo o que esta pasando en Catalunya cos controladores

Unha cronoloxía para chegar entender o que esta pasando no país irman catalán coa clase traballadora no aeroporto do Prat
Por o 14/08/2017 | Sección: Opinión,Opinión por Rubens Rocha
A ver se entendo o que esta pasando en Catalunya cos controladores

1º O goberno privatiza os controis aéreos de España o 15 decembro 2010 por aquel entón José Luis Rodríguez Zapatero era o presidente.

2º Sacan a concurso para facerse cos servizos dos controis que por aquel entón facia á GARDA CIVIL.

3º O concurso gáñao a empresa EULEN, empresa que por aquel entón era un caldo en evolucion por problemas na empresa.

4º Os traballadores de EULEN fan a primeira denuncia do que esta pasando o 20 marzo 2013 ao goberno por aquel entón ata agora en control de Mariano Rajoy Brei.

5º Os traballadores denuncian que están a facer traballo que desempeñan normalmente dúas persoas faio unha soa, ou sexa hai xente que se esta xubilando e non repoñen.

6º Os traballadores seguen denunciando que os seus salarios se estancan pero mentres non se lles soben.

7º Os traballadores pasan á acción despois de que nin o goberno nin a empresa faga algo ao respecto, son 150 traballadores en diferentes aeroportos que hai que restar os que se xubilaron e non se repuxeron.

8º Os traballadores despois de pasar á acción piden un incremento de 300 euros cosa que pode asumir a empresa por aforrase diñeiro por non repoñer traballadores.

9º Os traballadores e a empresa non se poñen de acordo nas negociacións e o estado español queren meter a un arbitro que barra para casa (goberno que goberna para as empresas do IBX non para os traballadores e cidadáns) deixando fóra os requisitos dos traballadores que levaban desde o 2013 denunciando.

10º O goberno español repoñen aos traballadores que secundan a folga poñendo a GARDA CIVÍS nos seus postos titulares anteriores deses postos de traballo.

11º Os cidadáns españois móstranse molestos porque os traballadores fagan uso dos seus dereitos dicindo que antes están os cidadáns que os seus dereitos (deixando en claro que España esta perdendo empatía) non só os cidadáns senón tamén os MASS MEDIA.

12° Cando os GARDA CIVIS decian que era unha imprudencia deixar os controis a empresas privadas e fixeron unha folga ao seu estilo xa que pois non o poden facer doutro xeito ao estarlles prohivido tampouco houbo empatía.

E se me esquezo de algo me gustaria que mo dixerades pero bueno esta é a miña editorial ao respeito do tema #controladores.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
Ao carón dos traballadores e traballadoras sempre.

Rubens Rocha
Nado en Vigo hai 34 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Una respuesta para "A ver se entendo o que esta pasando en Catalunya cos controladores"

  1. Gamela   15/08/2017 at 8:18

    Non te esqueces de nada… suliño especialmente o punto 1º pois xa daquela tiñamos un ministro de Fomento que declarou o Estado de Alarma para meterlle man ao suculento pastel de AENA, e así seguimos de cú e costa abaixo… polo que se pode ver…

    http://gamela00.blogspot.com.es/2010/12/aena-privatizacion-manu-militari.html

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.