Verán negro na seguridade privada en Vigo

Publicado por o día 10/08/2019 na sección de Galicia,Sindicatos,Vigo

Verán negro na seguridade privada en Vigo

A empresa A1 pertencente ao grupo EME deixou de abonar nominas correspondentes ao mes de Xullo. Do mesmo xeito que sucedeu coa empresa Ombuds, A1 quedouse sen liña de crédito,arrastrando débedas con facenda por un total de 1.730.000 euros.
 
A1 conta cuns 40 vixiantes na provincia de Pontevedra,repartidos en servizos como C. C A Laxe e a rede de museos do Concello de Vigo.
 
Desde o sindicato alternativa sindical Pontevedra fan un chamamento aos clientes que teñen contratada a esta empresa que rescinda de maneira inmediata os seus contratos. Lembrarlle ao Concello de Vigo que as instalacións onde se custodian obras e documentación tan valiosa para esta cidade, deben estar vixiadas por empresas de seguridade solventes e que non arrastren débedas coa administración pública, o barato sae caro.
 
Este sindicato vai interpoñer denuncia ante a inspección de traballo e de continuar coa falta de pagamento das nóminas iniciaranse mobilizacións en centrar de traballo onde presta servizo,do mesmo xeito que se fixo con Ombuds.