Veto a autorizar Grego I e Xeoloxía para os alumnos do IES Lama das Quendas de Chantada

Por o 15/02/2019 | Sección: Política,PSOE
Veto a autorizar Grego I e Xeoloxía para os alumnos do IES Lama das Quendas de Chantada

O portavoz de Educación do Grupo Socialista sinalou hoxe que a negativa do goberno galego a habilitar as asignaturas de Grego I e Xeoloxía para os alumnos do IES Lama das Quendas de Chantada “roza o esperpento”. Álvarez presentou unha proposición non de Lei na que lle reclamaba á Xunta que habilite aos profesores dos que dispón os centros para impartir estas asignaturas, pero o PP negouse.

O responsable socialista advertiu que os centros contan con profesores dispostos a impartir as asignaturas, que non suporían ningún custe para a administración a pesares do escaso número de alumnos implicados -3 en Grego e 2 en Xeoloxía-. Acusou ao goberno galego de implantar unha “discriminación pola vía dos feitos” aos alumnos do rural que optan por materias con escasa demanda.

Considera “verdadeiramente inverosímil” esta situación cando o profesorado disposto a impartir as materias conta con destino definitivo no centro, polo que non suporía incremento de docentes, e porque ademais ese profesorado “está a facer gardas nas horas que podería estar impartindo esas materias”. Luis Álvarez reclamoulle á Xunta a autorizar a oferta destas materias “coa finalidade de garantir a igualdade de oportunidades entre o alumnado da Comunidade Autónoma de Galicia”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.