Veto á proposta dun novo Plan Renove de electrodomésticos

Publicado por o día 13/09/2019 na sección de Política,PSOE

Veto á proposta dun novo Plan Renove de electrodomésticos

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, lamentou o veto do PP a unha proposta socialista en Comisión para pedirlle á Xunta un Plan Renove de electrodomésticos. A responsable socialista denunciou que o goberno galego se tome “a cachondeo” estas medidas para apoiar a renovación de electrodomésticos ás familias con menos recursos.

Vilán cualificou de “pantomima” unha proposta de emenda presentada polo PP a esta proposta para que en lugar de pedir estas axudas o Parlamento lle pedira ao goberno galego “un estudo” sobre estas medidas. Criticou que queiran converter medidas concretas en papel baleiro de contido cando, dixo, “non fixeron nada logo de 10 anos gobernando en Galicia con maioría absoluta”.

Respondeu ademais ás críticas contra o goberno central lembrando que durante o goberno de Rajoy “nunca se lles escoitou” pedirlles ningunha medida neste sentido, de que “tivéramos que cambiar de goberno cunha moción de censura para eliminar o imposto ao sol”. Mentres, dixo, en Galicia “votaban en contra das emendas socialistas aos orzamentos da Xunta pedindo precisamente” estas medidas de apoio.

Vilán sinalou a importancia de renovar os electrodomésticos por novos dispositivos máis eficientes, con menor consumo e menor impacto sobre o medio ambiente, subvencionando a adquisición de dispositivos coa máxima clasificación enerxética, e priorizando as axudas en función da renda dos solicitantes. Advertiu que a día de hoxe preto dun 40 por cento dos aparatos nos fogares españois teñen máis de 10 anos.