VI Asemblea estatal de Educación: Sanchez Serna “El ascensor social educativo se ha averiado”

Luca Chao “o inicio do curso escolar produciuse en Galicia con centros escolares con deficiencias de climatización, baños en mal estado e teitos estragados”.
Publicado por o día 15/10/2017 na sección de Galicia,Podemos,Política,Pontevedra

VI Asemblea estatal de Educación: Sanchez Serna “El ascensor social educativo se ha averiado”

O portavoz da comisión de Educación no congreso dos deputados do grupo confederal Unidos-Podemos-En Comú Podem-En Marea, Javier Sánchez Serna declarou hoxe, no marco da VI Asemblea do círculo sectorial de Educación de Podemos que se celebrou en Pontevedra que “El ascensor social educativo se ha averiado”, Sánchez Serna sinalou tamén que “la educación ha sido una de las grandes sacrificadas en el altar de la austeridad”.

Na súa intervención ante os medios anterior á inauguración da Asemblea indicou “Desde 2010 se han recortado más de 7000 millones, se han cerrado centros públicos, se han despedido a más de 30.000 docentes y han desaparecido los programas de atención a la diversidad”, o que supuxo “el avance de la desigualdad”.

Sánchez Serna tamén quixo lembrar que a LOMCE segue vixente, camuflada coa complicidade do PSOE e cidadáns no chamado “pacto educativo”. “Nosotros queremos un pacto educativo, pero no para blanquear las reformas del PP, sino para abordar de verdad los problemas estructurales de nuestro sistema”.

Intervención de Luca Chao

A encargada de inaugurar a Asemblea foi a deputada de Podemos Galicia no grupo de En Marea no parlamento galego, Luca Chao, que na súa intervención dixo que  “os recortes supuxeron 190 millóns de euros menos para o ensino en Galicia”. E puxo encima da mesa que “o inicio do curso escolar produciuse en Galicia con centros escolares con deficiencias de climatización, baños en mal estado e teitos estragados”.

A xornada matinal concluíu coa intervención da responsable da área de educación de Podemos Galicia, Julia Torregrosa, que incidiu en que “tenemos un gobierno que actúa sin tener en cuenta a la comunidad educativa y eso afecta a los interinos, al profesorado, a los alumnos y a todo el sistema en general”. Para indicar por último que “hacen falta más medios, mejor organización y una preocupación real”.

A sexta Asemblea presencial do círculo sectorial de Educación de Podemos desenvolveuse hoxe e continuará mañá domingo en Pontevedra con grupos de traballo nos que se abordarán temas como  a formación para o emprego, unha nova lei de educación, o laicismo, o ensino concertado, os ensinos especiais ou a escola rural entre outros.