VI Semana de Loita contra as fronteiras

Por o 28/01/2019 | Sección: Eventos,Galicia,Vigo
VI Semana de Loita contra as fronteiras

Do 1 ao 3 de febreiro. Días que servirán para denunciar o racismo e a violencia institucional contra as persoas migrantes que supón a Lei de Estranxeiría. Para afondar no impacto desta lei sobre os dereitos e liberdades das persoas migrantes, e en xeral para a sociedade, contarase coa presenza de Sani Ladan (Camerún-Sevilla) e Florencia Brizuela (Arxentina-Barcelona).

Sani Ladan é Mediador Intercultural, especialista en migracións e estudante de Relacións Internacionais na Universidade Loyola Andalucía. É activista polos dereitos humanos e integrante da Asociación Elín (Ceuta).

Florencia Bruizuela é abogada, Máster en Cidadanía e DDHH, Doutora en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade de Barcelona. É activista e traballa con temáticas como os feminismos contrahexemónicos, interculturalidade e interseccionalidade, empregando entre outras ferramentas o Teatro das Oprimidas. É co-autora do libro ‘Descentrar la mirada para ampliar la visión. Reflexiones en torno a los movimientos sociales desde una perspectiva feminista y antirracista’ publicado o ano pasado pola Editorial Descontrol.

Comentar noticia

Your email address will not be published.