Vía Galega e colectivos vigueses chaman a participar na V Ruada da Patria

Nestes días previos ao 25 de xullo, desde Vía Galega e desde as entidades Arrulique e A Revolta organizamos en Vigo a V Ruada polo Día da Patria
Publicado por o día 17/07/2020 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Vía Galega e colectivos vigueses chaman a participar na V Ruada da Patria

Achégase un Día da Patria que vén marcado pola crise económica, social e sanitaria por mor da COVID19. Mais este 25 de Xullo é unha data especial. Máis alá da reivindicación dos nosos dereitos nacionais e sociais, neste 25 de xullo conmemórase o 100 aniversario da celebración do Día da Patria galega.

Desde Vía Galega, animámoste a participar nesta V Ruada este sábado 18 ás 20hs desde a Praza da Pedra en Vigo. Garantiranse as medidas de seguranza entra as participantes e o uso de máscara será obrigatorio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.