Vías e Obras inviste preto de 100.000€ no asfaltado de once camiños de terra nas parroquias

Por o 21/03/2019 | Sección: Galicia,Ponteareas
Vías e Obras inviste preto de 100.000€ no asfaltado de once camiños de terra nas parroquias
Compartir en:

A concellería de Vías e Obras, que dirixe a tenente de alcalde Chus Garrote, informa que procederá ao asfaltado de once camiños de terra en diferentes puntos das parroquias.

En concreto, Vías e Obras asfaltará 1.549 metros lineais cun total de 5.502 metros cadrados con cargo ao Plan Concellos 2017 e que permitirán un mellor acceso ás vivendas desta zonas.

O asfaltado destes camiños garantirá o acceso a máis servizos. Deste xeito, asfaltarase e mellorarase un camiño en Auga Levada, Areas; un no barrio de Santa Cruz en Cumiar, outro en Pazos, Guillade; en Moreira en distintos barrios; en Nogueira; en Santa Cruz e As Penas, en Ribadetea; na Rocha en Xinzo; na capela de San Amaro en San Mateo e no Correlo, en Arcos.

Un total de 97.500€ en pavimentación e ensanche destes camiños para que o acceso aos servizos sexa máis doado e cómodo que se suma aos máis de trinta camiños xa asfaltados nestes últimos dous anos.

Chus Garrote engade que ademais se procederá ao asfaltado do último tramo da estrada de Cillarga dentro do Plan Concellos e custe total de 64.106.85€, “facilitar a comunicación e a interrelación entre os barrios do rural, así como o acceso aos servizos é un dos obxectivos marcados pola concellería que dirixo”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.