Viaxe para maiores a Aveiro

Terá lugar o vindeiro 24 de novembro e o prazo de inscrición atópase aberto
Publicado por o día 08/11/2019 na sección de Galicia,Mos

Viaxe para maiores a Aveiro

O Concello de Mos organiza unha viaxe a Aveiro para persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55. Durante a excursión visitaranse as Bodegas Caves da Aliança, o Museo Underground Aliança, o Centro de Aveiro e Costa Nova. Terá lugar o domingo 24 de novembro e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 15 deste mes.

As inscricións poden formalizarse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello ou ben a través da sede electrónica municipal.

O prezo por persoa da viaxe é de 40 euros e os interesados en obter máis información sobre a mesma poden chamar ao teléfono 986 33 94 04.

Comentar noticia

Your email address will not be published.