Vibra Mahou Fest consegue sold out un mes antes da súa celebración

Os abonos de día completo e as entradas para a Sesión Noite esgotáronse en 4 horas, mentres que os tickets para a Sesión Mediodía 72 horas despois
Publicado por o día 29/09/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Vibra Mahou Fest consegue sold out un mes antes da súa celebración

A primeira edición de Vibra Mahou Fest, o evento que encherá Vigo da mellor música o próximo 26 de outubro no Auditorio Mar de Vigo colgou o cartel de sold out un mes antes da súa celebración. Demóstrase, así, o enorme interese que espertou na cidade.

Deste xeito, os 700 abonos de día completo esgotáronse xunto ás 300 entradas para a Sesión Noite –19 h a 02:30 h—, na que actuarán Allova, Zahara, Carlos Sadness, Novedades Carminha e Sidonie DJ Set, ás 4 horas de iniciarse a venda. Así mesmo, os 300 pases para a Sesión Mediodía –12 h a 17 h— que permiten ver a Villanueva, Escuchando Elefantes, Eladio y los Seres Queridos e Xoel López, fixérono 72 horas despois.

Ademais, nos próximos días, está previsto que se coñezan os detalles sobre a Gran Final da Batalla de Bandas Mahou-Estudos Mans, que se celebrará no contexto do festival. Nesta iniciativa participarán os grupos seleccionados polo xurado nas dúas roldas previas que se celebraron durante o verán en Atlantic Fest e o Festival da Luz. Esta iniciativa, forma parte da colaboración entre Mahou e a Fundación Paideia para impulsar o talento emerxente e o emprendemento.

Con este evento, Mahou segue demostrando o seu compromiso coa música e compartindo a paixón, a alma e a proximidade entre os artistas e o público, ademais de ofrecer experiencias de lecer con sabor e mestría cervexeira.

Os horarios de todo o día son

Comentar noticia

Your email address will not be published.