Vibra Mahou Fest ofrecerá en Vigo a mellor música e unha Pre-Party con Batalla de Bandas e Djs

Novedades Carminha, Xoel López, Carlos Sadness, Zahara, Eladio y los Seres Queridos, Sidonie DJ Set, Escuchando Elefantes, Villanueva e Allova darán forma al cartel del sábado 26 de octubre en el Auditorio Mar de Vigo
Publicado por o día 23/10/2019 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

Vibra Mahou Fest ofrecerá en Vigo a mellor música e unha Pre-Party con Batalla de Bandas e Djs

Vibra Mahou Fest ten todo preparado para ofrecer un día da mellor música o vindeiro sábado 26 de outubro no Auditorio Mar de Vigo. Ademais, o venres 25, e no contexto deste evento, terá lugar unha Pre- Party na Sala Island, encabezada pola Gran Final da Batalla de Bandas Mahou – Estudos Mans e unha sesión DJ con dúas coñecidas caras do Indie nacional.

O día 26, Xoel López, Villanueva, Eladio y Los Seres Queridos e Escuchando Elefantes darán forma á Sesión Mediodía de Vibra Mahou Fest –de 12:00 h a 17:00 h—, mentres que Novedades Carminha, Carlos Sadness, Zahara, Allova e Sidonie DJ Set protagonizarán a Sesión Noite –de 19:00 h a 02:30 h—. Ademais, R Música Djs ofrecerá sesións distribuídas ao longo de toda a xornada. Tanto os abonos de día completo como as entradas de medio día están esgotados.

Ao longo de todo o día estará aberta e accesible a Zona de Talleres, con actividades de lecer gratuítas como Body Paint, customización de bolsas e camisetas ou a produción de chapas personalizadas. En canto á Zona Gastro, tamén estará aberta durante as dúas sesións con foodtrucks que ofrecerán sabores de diferentes lugares do mundo e opcións para persoas celíacas.

Pre-Party Vibra Mahou Fest

A véspera do evento celebrarase na Sala Island de Vigo a Pre- Party Vibra Mahou Fest coa Gran Final da Batalla de Bandas Mahou-Estudos Mans, á que se poderá acceder de forma libre ata completar aforo, e na que participarán os grupos Carolina Rubirosa, Moura, The Wonderminds, La May e Lau, todos eles seleccionados polo xurado nas dúas roldas previas que se celebraron durante o verán en Atlantic Fest e o Festival da Luz.

Así, a partir das 20:00 horas, cada unha das bandas dispoñerá de 15 minutos para demostrar o seu talento e conseguir ser unha das dúas seleccionadas polo xurado que poderá gravar en Estudos Mans e engadir ao seu calendario do 2020 máis dunha decena de actuacións remuneradas en festivais ou ciclos de concertos patrocinados ou promovidos por Mahou en Galicia e Asturias, compartindo escenario con coñecidas bandas nacionais. Esta iniciativa, forma parte da colaboración entre Mahou e a Fundación Paideia que ten como obxectivo impulsar o talento emerxente e o emprendemento.

Acto seguido, ás 22:00 horas, Carlangas DJ Set e Carlos Sadness DJ Set darán forma á Sesión DJ, pinchando os seus particulares estilos durante 75 minutos cada un e á que se poderá acceder mostrando o abono ou calquera entrada de medio día de Vibra Mahou Fest.

Con este evento, Mahou segue demostrando o seu compromiso coa música e compartindo a paixón, a alma e a proximidade entre os artistas e o público.

Os horarios de todo o día son:

Sesión Mediodía (12:00 – 17:00 horas)

· 12:00 horas. Sesión DJ

· 12:30 horas. Villanueva

· 13:10 horas. Sesión DJ

· 13:30 horas. Escuchando Elefantes

· 14:15 horas. Sesión DJ

· 14:35 horas. Eladio y los Seres Queridos

· 15:20 horas. Sesión DJ

· 15:40 horas. Xoel López

Sesión noite (19:00 – 02:30 horas)

· 19:00 horas. Sesión DJ

· 19:20 horas. Allova

· 19:50 horas. Sesión DJ

· 20:10 horas. Zahara

· 21:40 horas. Sesión DJ

· 22:00 horas. Carlos Sadness

· 23:30 horas. Sesión DJ

· 23:50 horas. Novedades Carminha

· 01:20 horas. Sidonie DJ SET

Comentar noticia

Your email address will not be published.