Victoria Alonso candidata do PSdeG de Mos presenta o seu equipo para as eleccións municipais

O próximo Domingo 7 de Abril as 17H no Pazo de Mos Victoria Alonso presenta unha lista para conseguir un goberno que atenda as necesidades reais do concello.
Publicado por o día 04/04/2019 na sección de Galicia,Mos,Política,PSOE

Victoria Alonso candidata do PSdeG de Mos presenta o seu equipo para as eleccións municipais

O partido socialista de Mos esta preparado para saír a gañar nas próximas eleccións municipais de maio. Así vai quedar reflectido este Domingo no Pazo de Mos, Victoria Alonso candidata a alcaldía manifesta “estou orgullosa e sei que calquera dos membros que van na lista serian os mellores concelleiros e concelleiras para defender os intereses de Mos. Presentaremos unha lista cremalleira porque a igualdade entre homes e mulleres é unha das nosas sinais de identidade. Este equipo en conxunto coa veciñanza de Mos está a traballar no proxecto que o partido socialista ten para o concello de Mos, un proxecto inclusivo e que pretende por a Mos na vangarda da sociedade.”

O próximo Domingo 7 de Abril as 17H no Pazo de Mos Victoria Alonso presenta unha lista para conseguir un goberno que atenda as necesidades reais do concello.

Carmela Silva, Presidenta da Deputación, acompañará a Alonso e o seu equipo no seu arranque cara a alcaldía do concello mosense. O remate da xornada, os asistentes poderán degustar dunha chocalatada nun ambiente distendido.