Video ‘A loita na rotonda de Coia’

Publicado por o día 07/05/2015 na sección de Asamblea Aberta Coia,Vigo

Video ‘A loita na rotonda de Coia’

A Asemblea Aberta de Coia organiza unha proxección solidaria coas multadas na loita da rotonda de Coia. Será o venres 8 de maio ás 20:00 no salón de actos da parroquia do “Cristo da Vitoria” e proxectaremos o vídeo “A loita na rotonda de Coia”.

O video fai un repaso polas respostas dunha veciñanza que denunciou a dilapidación de cartos públicos mentres moitas persoas da cidade sofren o empobrecemento e o desastre dunhas políticas sociais insuficientes e ineficaces.

Aproveitaremos este acto para seguir convidando á solidariedade coas multadas nesta loita, xa que polo momento as multas superan os 1100€. Antes da proxección haberá un sorteo e sorpresas!

PRENSA ASAMBLEA ABERTA COIA