Vídeo de “Lapís na noite” o libro que non che podes perder e que engancha

Publicado por o día 29/09/2018 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

Vídeo de “Lapís na noite” o libro que non che podes perder e que engancha

O mércores 26 a librería do barrio de O Calvario a librería Cartabón acolleu a presentación do libro do escritor e crítico literario vigués Ramón Nicolás Rodríguez “Lapis na noite” publicado por XERAIS e alí estivo presente noticiasvigo.

A presentación foi moi emotiva, o autor estivo acompañado por Luz Darriba e Carme Álvarez Domínguez “Carmiña de Soutomaior” que contan a súa historia.

Sinopse de Lapis na noite

“Lapis na noite” bebe no pozo da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano. Achégase ás vivencias do exilio, revela as descubertas que supón o descoñecido e afonda no esgazamento interior que xera mergullarse nunha nova identidade. Ao tempo, focaliza a atención nas vidas e familias truncadas polo franquismo e, sobre todo, naquelas que protagonizou unha mocidade combativa e esperanzada que, por acreditar nun mundo mellor, caeu nas gadoupas da maquinaria represiva da ditadura cívico-militar arxentina (1976-1983). Porque a memoria do que os lapis escribiron nunha noite indigna segue viva e aínda nos ilumina, é este un libro que quere pasar a man por algunhas das cicatrices máis recentes dunha historia pola que circulan numerosos ríos subterráneos que, ao saíren á superficie, amosan un caudal conformado por pequenos e grandes exemplos de heroísmo, amor e resistencia.

O autor

«A novela parte dunha simple pregunta que me formulei e que ten que ver co entorno profesional no que me movo día a día e que é a adolescencia. Que pasaría se hoxe un grupo de adolescentes, comprometidos política e socialmente cun futuro máis xusto, como os hai, se visen envoltos nunha persecución inimaxinable e feroz. Iso pasou ao comezo da ditadura arxentina nun capítulo dos máis tristes deste período, a chamada «noite dos lapis» e eu só o recreo desde a ficción, a carón doutras historias que circulan por el, dalgún xeito subterraneamente», sinala o autor.

Darlle ao play e viaxen nesta presentación

Presentación do libro de Ramón Nicolás "LAPIS NA NOITE"…

O mércores 26 a librería Cartabón acolleu a presentación do libro do escritor e crítico literario vigués Ramón Nicolás Rodríguez ”Lapis na noite” publicado por XERAIS e alí estivo presente www.noticiasvigo.es. A presentación foi moi emotiva, o autor estivo acompañado por Luz Darriba e Carme Álvarez Domínguez “Carmiña de Soutomaior” que contan a súa historia.Sinopse de Lapis na noite:"Lapis na noite" bebe no pozo da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano. Achégase ás vivencias do exilio, revela as descubertas que supón o descoñecido e afonda no esgazamento interior que xera mergullarse nunha nova identidade. Ao tempo, focaliza a atención nas vidas e familias truncadas polo franquismo e, sobre todo, naquelas que protagonizou unha mocidade combativa e esperanzada que, por acreditar nun mundo mellor, caeu nas gadoupas da maquinaria represiva da ditadura cívico-militar arxentina (1976-1983). Porque a memoria do que os lapis escribiron nunha noite indigna segue viva e aínda nos ilumina, é este un libro que quere pasar a man por algunhas das cicatrices máis recentes dunha historia pola que circulan numerosos ríos subterráneos que, ao saíren á superficie, amosan un caudal conformado por pequenos e grandes exemplos de heroísmo, amor e resistencia.«A novela parte dunha simple pregunta que me formulei e que ten que ver co entorno profesional no que me movo día a día e que é a adolescencia. Que pasaría se hoxe un grupo de adolescentes, comprometidos política e socialmente cun futuro máis xusto, como os hai, se visen envoltos nunha persecución inimaxinable e feroz. Iso pasou ao comezo da ditadura arxentina nun capítulo dos máis tristes deste período, a chamada «noite dos lapis» e eu só o recreo desde a ficción, a carón doutras historias que circulan por el, dalgún xeito subterraneamente», sinala o autor.Darlle ao play e viaxen nesta presentación.#Vigo #Cultura #Galicia #Argentina

Publiée par Noticias de Vigo sur Samedi 29 septembre 2018