VIGO 1972 escollido finalista nos premios Mestre Mateo 2018 na categoría documental

O filme acada a nominación tras o éxito de taquilla nos cines galegos, onde ten comprometida novas proxeccións, ao tempo que prepara a distribución a salas no resto do estado.
Por o 07/02/2018 | Sección: Cultura
VIGO 1972 escollido finalista nos premios Mestre Mateo 2018 na categoría documental

A Academia Galega do Audiovisual vén de facer pública hoxe o listado de finalistas aos premios Mestre Mateo 2018, entre os cales se sitúa o filme VIGO 1972 dentro da categoría Mellor Documental.

Esta nominación supón un novo espaldarazo para o filme producido por Arthur Gordon e dirixido por Roi Cagiao, que tras o seu éxito de público nos cines galegos (onde xa ten comprometida novas proxeccións) prepara o salto ás salas do resto do estado.

“Tiñamos un primeiro premio, que foi e está a ser a conexión do público co filme, a súa asistencia ás salas e o interese que a película estertou e segue a espertar” afirma o director Roi Cagiao, “en calquer caso é unha gran satisfacción que a Academia Galega do Audiovisual veña a recoñecer o valor cinematográfico do filme, situándoo entre os catro mellores documentais producidos durante o 2017”. Para Emilio J. Fernández, produtor executivo da cinta “Esta nominación ten para nós un valor moi especial, porque son os propios compañeiros os que valoran o teu traballo. Unicamente o feito de ser nominados (alén do quen resulte gañador finalmente) é para nós un motivo de ledicia. A calidade da produción dos documentais do ano 2017 foi moi alta” .

Entrega de premios

A gala de entrega do premios Mestre Mateo, os grandes premios do audiovisual galego, terá lugar o vindeiro sábado 3 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña e transmitirase en directo pola TVG.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.