VIGO 1972 volve á cidade este sábado nun pase único que incluirá un debate co director

Por o 23/02/2018 | Sección: Cultura,Eventos
VIGO 1972 volve á cidade este sábado nun pase único que incluirá un debate co director

O documental VIGO 1972 volve os cines de Vigo este sábado día 24 de febreiro cunha proxección acompañada de presentación e coloquio posterior co seu director Roi Cagiao. Intervirá así mesmo Juan de Castro director do festival Primavera do Cine (entidade colaboradora do proxecto) que realizará unha introdución sobre a mesma e a colaboración do festival no proceso de produción e promoción do filme. A cita é este sábado 24 ás 20:30 hs nos Multicines Norte

VIGO 1972 está nominado na categoría de Mellor Documental nos premios Mestre Mateo que entrega a Academia Galega do Audiovisual e que se entregarán o vindeiro sábado 3 de marzo, a cerimonia será retransmitida pola TVG. A produtora Arthur Gordon ultima a distribución do filme fóra de Galicia.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.